Julian Arahanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julian Arahanga
Nacemento Julian Sonny Arahanga
18 de decembro de 1972 (41 anos)
Raetihi, Manawatu-Wanganui, Nova Zelandia Nova Zelandia
Profesión Actor
Ficha na IMDb

Julian Sonny Arahanga, nado o 18 de decembro de 1972 en Raetihi, Manawatu-Wanganui, é un actor de cinema e televisión neozelandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai é o guionista Larry Parr e a súa nai é unha neozelandesa-estoniana. Arahanga é máis coñecido polo seu papel na película Once Were Warriors, de 1994, onde interpreta ó fillo de Jake "Muss" Heke. Jake é un alcólico que intenta facer as cousas ó dereito, pero non pode porque depende máis dos seus puños que da súa intelixencia.

Tamén protagonizou a secuela What Becomes of the Broken Hearted? en 1999, que xira en torno á busca de Jake despois da primeira película. Unha vez máis, el interpreta o fillo de Heke.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]