José Romero Becerra
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José Romero.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1930 Xinzo de Limia, España |
Morte | 13 de decembro de 2006 (76 anos) Xinzo de Limia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Romero Becerra, nado en Xinzo de Limia o 20 de agosto de 1930 e finado no mesmo concello o 13 de decembro de 2006,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1962. Foi Administrador da Tabacalera en Xinzo de Limia. Foi concelleiro e primeiro tenente alcalde de Xinzo de Limia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas por UCD. Integrado en Coalición Galega, volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Región, 14-12-2006, p. 69.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 301–302. ISBN 84-7507-044-2.
Categorías:
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Concelleiros de Xinzo de Limia
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia por UCD
- Deputados do Parlamento de Galicia por CG
- Nados en Xinzo de Limia
- Nados en 1930
- Finados en 2006
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia