José Manuel Armesto López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Armesto López
Biografía
Morte1918 Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteGripe de 1918 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

José Manuel Armesto López, finado en Viana do Bolo en 1918, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Balneario de Bembibre.

Irmán de Antonina Armesto López. Foi médico de Viana do Bolo. Foi deputado provincial de Ourense en 1883. Foi presidente do Comité Republicano de Viana do Bolo en 1894.[1] En 1894 adquiriu os terreos e construíu un balneario en Bembibre, inaugurado en 1896. Tempo despois construíuse un hotel de dous andares, e outro edificio para tratar os doentes con auga quente a presión. Finou en Viana do Bolo a consecuencia da gripe de 1918.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Paz Pérez,[3] e foi pai de José Manuel Armesto Paz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País 8-3-1894, p. 3.
  2. La Correspondencia de España, 27-11-1918, p. 7.
  3. La Región, 14-9-1919, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]