John White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn White
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Mount Isa, Australia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFiladelfia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata

John White, nado en Mount Isa (Queensland) o 15 de xuño de 1973, é un ex-xogador de squash escocés, que foi número 1 do mundo entre marzo e abril de 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar a squash influído polos seus pais, xogadores amadores e súa nai tamén traballaba nun club de squash[1]. Malia nacer e criarse en Australia, nas competecións internacionais sempre representou a Escocia. En 1991 comezou a súa etapa como xogador profesional de squash en Europa mais non foi ata 1997 que logrou a súa primeira vitoria, no circuíto italiano[2]. White terminou subcampión no World Open e máis no British Open en 2002. Gañou o título de PSA Masters en 2003 ao bater a Thierry Lincou por 15–8, 17–15 e 17–16. Tamén gañou o campionato británico en 2004 logo de vencer a Lee Beachill por 17–16, 17–14, 14–15 e 15–8. En marzo de 2004 acadou o liderado mundial

Coñécese a White pola forza das súas batidas na bóla, con velocidades moitas veces por riba de 266 km/h. Un dos seus saques chegou a 273,5 km/h no Canary Wharf Squash Classic de 2004 e permaneceu como mellor marca ata o 3 de outubro de 2011 ao chegar unha bóla de Cameron Pilley aos 281,6 km/h no US Open[3].

En 2007 White asumiu o posto de director de squash e adestrador xefe do Franklin & Marshall College en Lancaster en Pensilvania. No ano seguinte retirouse da alta competición logo de perder diante James Willstrop na segunda rolda do Campionato do Mundo[4].

Dende 2011 White é adestrador principal dos equipos universitarios de squash masculino e feminino da Universidade Drexel en Filadelfia[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Great White Calls it a Career". Squash Magazine. 1 de xullo de 2009. 
  2. "John White. Tournament Successes". Squash Player. 1 de abril de 2002. 
  3. Noah Davis (13 de decembro de 2016). "How to Hit a Squash Ball Harder Than Anyone Else on Earth". New York (magazine). 
  4. "John White Retires From Professional Circuit". Franklin & Marshall College Athletics. 26 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  5. "Johan White". Drexel Dragons. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]