Jim Steel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | William James Steel | ||
| Nacemento | 4 de decembro de 1959 (53 anos) | ||
| Lugar | Dumfries, Escocia | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1978–1983 | Oldham Athletic | 108 | (24) |
| 1982 | → Wigan Athletic (cedido) | 2 | (2) |
| 1982–1983 | → Wrexham (cedido) | 9 | (6) |
| 1983–1984 | Port Vale | 28 | (6) |
| 1984–1987 | Wrexham | 164 | (51) |
| 1987 | → Deportivo (cedido) | 4 | (0) |
| 1987–1992 | Tranmere Rovers | 174 | (29) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
William James "Jim" Steel, nado en Dumfries o 4 de decembro de 1959, é un ex-futbolista escocés. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria [editar]
No tramo final da tempada 1986–87 chegou cedido ao Deportivo da Coruña como reforzo de cara á eliminatoria de ascenso a Primeira División. Non chegou a destacar no conxunto branquiazul, onde só xogou 4 partidos e non conseguiu ningún gol.