Jesús Abad Colorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Abad Colorado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Medellín, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad de Antioquia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotoxornalista Editar o valor em Wikidata
Premios

Jesús Abad Colorado, nado en Medellín o 22 de abril de 1967, é un fotoxornalista colombiano. O seu traballo céntrase nos dereitos humanos e o conflito armado de Colombia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1967 en Medellín. Recibiu un BA en Comunicacións da Universidade de Antioquia. Traballou como fotógrafo para o diario El Colombiano de Medellín de 1992 a 2001. O seu traballo exhibiuse en máis de 30 exposicións, e internacionalmente. É coautor de dous libros, Relatos e Imágenes: El desplazamiento forzado en Colombia e La prisión, realidades de las cárceles en Colombia, e colaborou en moitos outros libros sobre o tema dos dereitos humanos, ademais do documental El testigo en 2019, transmitido pola canle Caracol de Televisión. En 2000, foi secuestrado nunha barricada polas guerrillas do Exército de Liberación Nacional e retido durante dous días.[2]

O seu traballo foi recoñecido con numerosos premios. Gañou o Premio Simón Bolívar de Xornalismo tres veces. En 2006, foi galardoado co premio Caritas en Suíza e o CPJ International Press Freedom Awards do Comité para a Protección dos Xornalistas (CPJ). O CPJ nunca outorgara este galardón a un fotoperiodista. En 2009, estivo na lista de candidatos para o Premio Pictet.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Portfolios: Jesus Abad Colorado". Prix Pictet. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2012. Consultado o 24 de novembro de 2012. 
  2. "Jesús Abad Colorado". Committee to Protect Journalists. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  3. "2006 Awards - Ceremony". Committee to Protect Journalists. 22 de novembro de 2006. Consultado o 12 de maio de 2011.