Jacques-Yves Cousteau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jacques Yves Cousteau»)
Jacques-Yves Cousteau
Nacemento11 de xuño de 1910
Lugar de nacementoSaint André de Cubzac, Francia
Falecemento25 de xuño de 1997 ( 87 anos)
Lugar de falecementoParís, Francia
Causaenfarte agudo do miocárdio
NacionalidadeFrancia Francés
Alma máterÉcole Navale e Collège Stanislas (París)
OcupaciónExplorador, fotógrafo, escritor, cineasta, oficial naval
PaiDaniel Cousteau
NaiElizabeth Cousteau
CónxuxeSimone Melchior
Francine Triplet
Filloscoustau, Jean-Michel Cousteau, Diane Cousteau e Pierre-Yves Cousteau
IrmánsPierre-Antoine Cousteau
Premioscomendador da Lexión de Honor, Cruz de guerra 1939-1945, Grand Cross of the National Order of Merit, Comendador das Artes e as Letras, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla Benjamin Franklin, BAFTA Fellowship Award, Óscar á mellor curtametraxe de acción en vivo, Óscar ó mellor documental, Medalha Howard N. Potts, Oficial da Orde do mérito marítimo, Genesis Award, Founder’s Medal, Prêmio Internacional Catalunha, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Sierra Club John Muir Award, Great Gold medal of the Société d'Encouragement au Progrès, honorary doctor of Harvard University, honorary doctorate of the Polytechnic University of Valencia, doutor honoris causa pola Universidade Brandeis, honorary doctorate of Taras Shevchenko National University of Kyiv, Honorary Companion of the Order of Australia e honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel
Na rede
IMDB: nm0184150 Allocine: 12886 Allmovie: p15387
Musicbrainz: fc377109-08a7-4942-92f4-486a401b901d Discogs: 2268704 WikiTree: Cousteau-3 Find a Grave: 9889 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jacques-Yves Cousteau, mundialmente coñecido como Jacques Cousteau ou Capitán Cousteau, nado en Saint André de Cubzac o 11 de xuño de 1910 e finado en París o 25 de xuño de 1997, foi un oficial naval francés, explorador, ecoloxista, cineasta e investigador que estudou o mar e todas as formas de vida acuáticas. Desenvolveu o equipo de mergullo aqua-lung, foi pioneiro na conservación mariña e era membro da Académie française.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Daniel Cousteau (un avogado) e Elizabeth Cousteau.

Morre o 25 de xuño de 1997, á idade de 87 anos, dun ataque ó corazón mentres se recuperaba dunha enfermidade respiratoria. Está enterrado na parcela da familia Cousteau no cemiterio de Saint-André-de-Cubzac, Francia.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

En 1930, Cousteau foi admitido na Escola Naval de Brest e converteuse nun oficial de artillaría da Armada Francesa, o que lle deu a oportunidade de facer os seus primeiros experimentos submarinos. Estaba adestrando para ser piloto, pero un serio accidente de coche puxo fin á súa carreira na aviación. En 1936 probou un modelo de lentes submarinas, quizás o antecesor das modernas máscaras de submarinismo.

En 1937 casou con Simone Melchior. Participou na segunda guerra mundial, e durante o conflito encontrou tempo de ser co-inventor, con Emile Gagnan, do primeiro tipo de equipamento de submarinismo SCUBA, o aqua-lung en 1943. Entre as cousas que lle motivaron para desenvolver un sistema eficiente de respiración submarina encóntranse dous accidentes de toxicidade do osíxeno que tivo antes cun reciclador de aire.

Despois da segunda guerra mundial, sendo aínda un oficial naval, desenvolveu técnicas para a limpeza das minas dos portos franceses. Tamén explorou barcos afundidos.

Explorou unha profunda cova submarina en Vaucluse, Francia; durante a exploración tivo dificultades extras posto que confiara nun informe anterior dun mergullador estándar que se mergullara alí, pero ese informe probou ser moi inexacto ou ficción.

Nesta exploración fixo unha película chamada Épaves ("afundimentos mariños"). Mentres planeaba facela, encontrouse con que na escaseza da posguerra, os carretes de película non podían ser comprados, así que a súa esposa tivo que facer os carretes pegando decenas de pequenos carretes de cámaras de xoguete para nenos. Mostrar esta película foi crucial para persuadir á Armada Francesa para facer oficial a súa cápsula de submarinismo.

Exploración no Calypso[editar | editar a fonte]

En 1950 pouco despois do seu 40 aniversario, Loel Guinness (que fora nomeado presidente das campañas oceanográficas francesas) comprou o barco dragaminas Calypso que pertencera á mariña británica, cando estaba facendo o servizo de transbordador entre Malta e Gozo. Guinness arrendouno a Cousteau pola simbólica cifra dun franco ó ano.

No Calypso Cousteau visitou as augas máis interesantes do planeta, incluíndo algúns ríos. Durante estas viaxes produciu moitos libros e películas. Coustou gañou tres Óscars por O Mundo Silencioso (1956), O peixe dourado e Mundo sen Sol (1964), así coma moitos outros premios de primeira categoría incluíndo a Palma de Ouro en 1956 no Festival de Cannes. O seu traballo tivo moita repercusión na popularización do coñecemento da bioloxía submarina, traballo que foi amosado na serie documental O Mundo Submarino de Jacques Cousteau que comezou en 1968.

A mediados da década de 1950, Cousteau traballara con Luis Marden a bordo do Calypso, no que foron pioneiros nas novas técnicas de fotografía submarina. En 1963, xunto con Jean de Wouters, Cousteau desenvolveu a cámara submarina chamada "Calypso-Phot", patente que lle foi logo vendida a Nikon para se converter na "Calypso-Nikkor" e logo na Nikonos. Xunto con Jean Mollard, creou o SP-350, un submarino para dous pasaxeiros que podía alcanzar unha profundidade de 350 m por debaixo da superficie do océano. O experimento foi un éxito e foi repetido en 1965 con dous submarinos que alcanzaron os 500 m de profundidade.

En 1957, Cousteau foi nomeado director do Museo Oceanográfico de Mónaco, creou o Grupo Underseas Research en Toulon, foi o líder do programa de submarinismo Conshelf Saturation (experimentos de inmersión a longo prazo, as primeiras colonias submarinas habitadas) e foi un dos poucos estranxeiros admitidos na Academia Americana das Ciencias.

Conservación mariña[editar | editar a fonte]

A popularidade de Cousteau foi aumentando. En outubro de 1960, unha gran cantidade de residuos radioactivos ian ser botados ó mar por EURATOM. Cousteau organizou unha campaña publicitaria que gañou o apoio popular. O tren transportando os residuos foi detido por mulleres e nenos sentados nas vías, e foi levado de volta ó lugar de orixe. O risco foi evitado. Mentres isto tiña lugar, un home do goberno francés dixo de forma falsa a un xornal que Cousteau aprobara as verteduras; Cousteau conseguiu que o xornal corrixise o artigo.

En novembro de 1960, en Mónaco, unha visita oficial do presidente francés Charles de Gaulle converteuse nun debate do ocorrido en outubro de 1960 e nos experimentos nucleares en xeral. O embaixador francés suxerira ó Príncipe Rainiero que evitara o tema, pero o presidente pediulle a Cousteau de forma amigable que fora considerado cos investigadores nucleares, e Cousteau respondeu: "Non, señor, son os vosos investigadores os que deben ser considerados con nós". Durante esta discusión, Cousteau deuse conta de que a razón dos experimentos e investigación franceses era a negativa dos Estados Unidos a compartir os secretos atómicos cos seus aliados.

En 1973, xunto cos seus fillos e Frederick Hyman, quen foi o primeiro presidente, creou a Sociedade Cousteau para a protección da vida nos océanos; hoxe ten máis de 300.000 membros. En 1977, xunto con Peter Scott, recibiu o galardón medio ambiental das Nacións Unidas. En 1985 recibiu a Medalla da Liberdade do presidente Ronald Reagan. En 1992 foi invitado a Río de Xaneiro para a conferencia internacional das Nacións Unidas sobre o medio ambiente e o progreso, e logo converteuse nun asesor regular das Nacións Unidas e do Banco Mundial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]