Jacob Frank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacob Frank

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) יַעֲקֹב יוֹסֵף בן יְהוּדָה לייב Editar o valor em Wikidata
1726 Editar o valor em Wikidata
Korolivka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1791 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Offenbach am Main Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOffenbach am Main Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónFrankism (en) Traducir e xudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrabino , astrólogo , heresiarch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xudeu-española Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEve Frank (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lejbowicz-3

Jacob Frank, nado en Korolivka (Podolia, actualmente en Ucraína) en 1726 e finado en Offenbach am Main o 10 de decembro de 1791 foi un comerciante xudeu de orixe polonesa, que afirmou ser o Mesías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacob Frank iniciouse no sabataísmo cando visitou os Balcáns. Ao retornar para o seu país, fundou unha seita clandestina cuxos adeptos observaban publicamente a lei xudaica, mais secretamente dedicábanse a prácticas sexuais prohibidas. Excomungado en 1756, Jacob Frank converteuse primeiro ao islamismo (durante unha visita a Turquía) e despois ao catolicismo, levando consigo o seu grupo. Jacob Frank non se limitou a rexeitar as restricións da Tora senón que abrazou claramente a inmoralidade. Frank, que fundou un grupo antinómico moi importante, buscaba practicar actos que violasen a dignidade humana.

En 1666, Sabbatai Zevi proclamouse o Mesías impartindo ensinanzas baseadas na Cábala. Os principios promulgados por Sabbatai Zevi foron implantados por Jacob Frank, que formou unha orde secreta con base nos principios do Sabataísmo. Os seguidores de Sabbatai Zevi formaron seitas de diversos nomes, entre elas o Frankismo, a partir do nome do seu líder, Jacob Frank.