Irtio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irtio
OrixeGalicia ,
Período19982013
Xénero(s)Folk
MembrosJuan Eiras
Francisco Eiras
Rodrigo Cuevas
Leonardo Blanco
Enrique Oitabén
Beny Mayo
Na rede
www.irtio.com

Irtio é unha banda galega de música folk creada no ano 1998.

Membros[editar | editar a fonte]

* Juan Eiras Acordeón, piano, zanfona, percusións e programacións.
* Francisco Eiras Guitarra e baixo sintetizado
* Rodrigo Cuevas Voz e percusións
* Leonardo Blanco Violín
* Enrique Oitabén Frautas de bico e gaitas
* Beny Mayo Batería e percusións

Historia[editar | editar a fonte]

Irtio nace a finais da década dos 90 e en pouco tempo se converte nunha das bandas máis prometedoras e vangardistas da música tradicional galega. Este dato reflíctese nos galardóns acadados entre os anos 1999 e 2006, conseguindo os primeiros premios no X Certame galego de música folk de Galicia, Xuventude '99 (Xunta de Galicia, 1999) e no I Día da Música Xove (Xunta de Galicia, 2000), así coma outros tantos diplomas de finalista nos concursos de Santo Estevo de Ribas de Sil (Zouma Records, 1999), I concurso folc de Radio Obradoiro (Radio Obradoiro, 2000), Concurso folk Cuartu los Valles (Navelgas - Tineo, Asturias, 2003) e Runas (Festival do Mundo Celta de Ortigueira, 2006).

As primeiras incursións de Irtio no mundo discográfico, veñen da man desta xeira de concursos. Pero non será até o ano 2003, cando Irtio publique o seu primeiro traballo en solitario: Mar de Pedra.

Gravado nos estudios Casa de Tolos, con Isaac Palacín e Segundo Grandío como técnicos de son, con colaboracións tan salientables como as de Anxo Pintos, Uxía ou o mesmo Isaac Palacín, e masterizado nos EUA por un dos enxeñeiros de son máis prestixiosos do mundo, Bob Katz, Mar de Pedra supuxo a confirmación definitiva da proposta musical de Irtio.

Un son anovador, con densas harmonías e ricos timbres, fresco, con sabor atlántico foi o que puideron degustar todos aqueles que se achegaron a este Mar de Pedra ao longo de toda a xeografía galega, percorrendo os festivais máis importantes do país.

Nesta nova entrega, Irtio proponnos unha viaxe de cores vivas, de optimismo, de posmodernidade pero sen perder de vista a nosa tradición oral. Unha viaxe cunha tripulación sólida e experimentada, arroupada da que sen dúbida será unha das voces masculinas máis importantes de Galicia, Rodrigo Cuevas.

Vórtice, este é o título co que a banda de folc galego, Irtio, retoma a súa actividade discográfica despois dunha pausa de case sete anos. Cunha formación máis asentada e experimentada, aínda que cunha liña de traballo e procedementos similares a Mar de Pedra, Irtio incorpora unha novidade substancial: a voz masculina de Rodrigo Cuevas.

Este folc posmoderno con sabor atlántico, ven a continuar aquel son anovador de Mar de Pedra co que sorprenderon no ano 2003, sen deixar de lado as raíces tradicionais. Este remuíño de sonoridades amalgamadas, densas tímbricas e as máis elaboradas sutilezas son o froito de anos de laborioso traballo e reflexión, no que se amosan a sensibilidade e a particular forma de entender a música tradicional e as músicas actuais.

Neste disco atopamos dous colaboradores de luxo, que veñen a elevar aínda máis o nivel interpretativo de Vórtice. Trátase dun dos violíns clásicos máis importantes deste país, Leonardo Blanco, profesor de violín del CMUS Superior de Vigo e asiduo colaborador nos directos de Irtio, e dos saxofóns de Ismael Porto, profesor de CMUS profesional de Ribadeo. Vórtice, ese fluír ascendente de aire, representa a volta á escena dunha das bandas de folc máis importantes da última década. Este novo proxecto supón ademais un punto de inflexión no futuro de Irtio, xa que logo se converten nos produtores da súa música.

Pequeniña é o primeiro single de Vórtice, unha reinterpretación da tradición oral galega na que Irtio amosa a súa particular visión deste pasodobre recollido nas terras de Gargamala. Cun inconfundible sabor atlántico, recrea unha das páxinas máis fermosas desta herdanza cultural.

Álbums[editar | editar a fonte]

* Mar de pedra (2003)
* Vórtice (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]