Illas do Duque de Gloucester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localitzación de Hao en las Tuamotu.png

As illas do Duque de Gloucester (en francés îles du Duc de Gloucester) é un grupo de tres atois das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluídos na comuna de Hao. Están situados nunha posición afastada, ao suroeste do arquipélago, a 480 km ao sueste de Tahití. A illa máis próxima é a illada Hereheretue que ás veces a inclúen no mesmo grupo. Os tres atois son: Anuanuraro, Anuanurunga e Nukutepipi. Foron descubertos en 1767, polo inglés Philip Carteret.

Anuanuraro[editar | editar a fonte]

Anuanuraro é o máis grande dos tres atois, cunha superficie total de 18 km². As súas coordenadas son 20°25′S 143°31′W / 20.417°S 143.517°W / -20.417; -143.517.

É un atol circular sen algún paso cara á lagoa interior. Non está habitado de forma permanente, pero dispón dun aeródromo privado. Era propiedade privada de Robert Wan, que controla o 50% do mercado de perlas negras, e foi comprado polo goberno territorial o 15 de marzo de 2002.

Anuanurunga[editar | editar a fonte]

Anuanurunga é un atol situado a 25 km ao sueste de Anuanuraro. As súas coordenadas son: 20°38′S 143°19′W / 20.633°S 143.317°W / -20.633; -143.317.

O atol, de forma circular, ten unha superficie total de 7 km², cunha lagoa pechada sen ningún paso cara ao océano. A barreira exterior de coral está practicamente mergullada, e as terras emerxidas constan de catro illotes. O atol é visitado ocasionalmente.

Nukutepipi[editar | editar a fonte]

Nukutepipi é un atol situado a 30 km ao sueste de Anuanurunga. As súas coordenadas son: 20°42′S 143°03′W / 20.700°S 143.050°W / -20.700; -143.050.

O atol, de forma circular, ten unha superficie total de 0,6 km², e é ocasionalmente visitado. Dispón dun aeródromo privado que pertence a Jean-Pierre Fourcade, un dos grandes comerciantes de perlas negras.