Atol Nukutepipi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nukutepipi")
Nukutepipi
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Nukutepipi
Linguas
Poboación (2002) 5 hab.
Superficie 0´6 km²
Superficie lagoa 1´3 km²
Nº de illas 5
Coordenadas 20°41′S 143°04′W / 20.683°S 143.067°W / -20.683; -143.067Coordenadas: 20°41′S 143°04′W / 20.683°S 143.067°W / -20.683; -143.067
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Nukutepipi é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa, o máis meridional do grupo das Illas do Duque de Gloucester. Esta deshabitado e depende de Hereheretue, comuna asociada á comuna de Hao. Está situado a 30 km ao sueste de Anuanurunga e a 700 km ao sueste de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol pequeno situado nunha zona remota e historicamente deshabitado. Ten unha superficie total de 5´6 km² incluídos os illotes emerxidos, os arrecifes e a lagoa de 2´2 km². O atol ten forma de media lúa, de 3,5 km de longo e 2 km de ancho. Consta de dous illotes, un de 2.745 m ao norte, e o outro de 673 m ao noroeste, separados por unha canle de 150 m de ancho e 1 m de profundidade. A coroa do sur son arrecifes mergullados por onde a auga do océano entra na lagoa cando hai temporal do sur ou do leste. A lagoa consiste nunha ampla plataforma de ata 2 m de profundidade que ocupa a metade da superficie e rodea unha parte máis profunda de ata 17 m. O fondo é de area.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto polo inglés Philip Carteret, o 12 de xullo de 1767, que o chamou Gloucester Island, nome que se mantivo para todo o grupo. En 1803, John Turnbull do Margaret chamouno Margaret's Island. En 1841 foi explorado por Ringgold da expedición norteamericana de Charles Wilkes, e anotou o nome polinesio.

No ano 1910 o atol concedeuse á Société Commerciale da Océanie para replantar cocos. Tras a quebra da sociedade pasou por diferentes mans privadas.

En 1982, o comerciante de perlas Jean-Pierre Fourcade construíu un aeródromo. Ao ano seguinte houbo dous furacáns seguidos, en febreiro e abril, que destruíron a vexetación e todas as instalacións. En 1985 plantouse de novo parcialmente con cocos. Desde 1991 é propiedade dunha compañía xaponesa.