Ilia Devin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlia Devin
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Staraya Terizmorga, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Saransk, Rusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua moksha Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de febreiro de 198126th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Ilia Devin (ruso: Девин Илья Максимович), nado o 20 de xullo de 1922 en Sire Теrizmorga e finado o 13 de novembro de 1998 en Saransk, foi un xornalista e escritor mordovo, un dos principais escritores en lingua moksha.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia labrega e estudou na súa localidade natal. Loitou en varias frontes durante a segunda guerra mundial co Exército Vermello e logo da guerra traballou na radio estatal de Mordova mais nas publicacións periódicas Mokšen Pravda e Mokša. Membro da Unión de Escritores de Rusia dende 1949, foi o presidente da Unión de Escritores da República de Mordovia (1971-1984). Membro do Consello Supremo da RSS de Mordovia (1975-1980), delegado no XXV Congreso do PCUS (1976)

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir durante os seus anos escolares, publicou o seu primeiro poema en 1939 na revista Kolkhozon Eriaf e nos anos seguintes publicou en diversas revistas mordovas. Durante a guerra publicou en revistas militares e en 1945 publicou o seu primeiro libro, unha selección da súa poesía militar, Šobdavan Zari [1]. Ao longo da súa vida publicou 20 libros[2], tanto de poesía como de prosa. Pero a súa obra principal é a novela Nariše que saíu do prelo en 1969, ambientada nos anos inmediatamente posteriores á guerra nunha aldea mordova, a trama céntrase na nova xeración que participa activamente en todas as esferas de actividade nuns anos marcados polas dificultades causadas pola guerra e polas moitas pexas que poñen os membros da vella xeración aos avances.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Девин Илья Максимович" Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine., moypolk.ru
  2. Девин Илья Максимович Arquivado 11 de xullo de 2018 en Wayback Machine. на сайте «Библиотека мордовской литературы»