Igrexa luterana evanxélica de Ingria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Igrexa luterana evanxélica de Ingria (en ruso: Евангелическо-лютеранская церковь Ингрии; en finés: Inkerin evankelis-luterilainen kirkko) é unha igrexa luterana con actividade en Rusia. É a segunda maior igrexa luterana do país, con arredor de 75 congregacións e 15.000 fieis, e a súa actividade concéntrase nas rexións de Ingria e Carelia.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

A igrexa foi estabelecida en 1992, logo da separación da Igrexa luterana evanxélica estoniana, aínda que a primeira parroquia luterana en Ingria foi fundada en 1611, e a Igrexa recoñece esta data como a da súa fundación. A súa historia está moi vencellada á do pobo ingrio, e a Igrexa segue a tradición luterana nórdica. É membro da Federación Luterana Mundial e do Concilio Luterano Internacional.[1][2]

Organización[editar | editar a fonte]

A Igrexa está organizada en sete comunidades dirixidas por un preboste: Ingria occidental, San Petersburgo, Carelia, Moscova, Volga, Ural, e Siberia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.