Ibn Abdun (xurista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIbn Abdun
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTaifa de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista Editar o valor em Wikidata

Ibn Abdun, Muhammad Ahmad Abdun al-TuyÌbÌ al-IsbÌlÌ, nado posibelmente en Sevilla no século quinto do calendario musulmán (século XI da era Común), e finado no s. VI H]]. (s. XII), foi un xurista informador da realidade económica, social e ética dos mercados urbanos musulmáns da Sevilla de Al-Andalus durante o final do reino taifa e dos primeiros anos da invasión almorábide.

Foi coetáneo do rei da taifa de Sevilla Al-Mu'tamid, que reinou de 1068 a 1091, e en época almorábide, polos comentarios despectivos que fixo nos escritos conservados sobre eles. Tampouco se coñece o ano da súa morte.[1]

Foi coetáneo de Ibn Abdun, poeta de Al-Andalus natural de Évora, secretario do rei da taifa de Badaxoz.

Obra[editar | editar a fonte]

Ibn Abdun foi autor dun tratado hisba, de ordenanzas para actividade artesanal nos zocos titulada Risala fil-Qada’ wa-l-hisba Epístola sobre o cadiazgo e o almotacenazgo, xeralmente coñecida como Tratado de Ibn Abdun. É unha das 2 ordenanzas municipais conservadas na Península ibérica xunto á de Al-Saqali de Málaga, sobre a legalidade e ética no mercado, destinada aos inspectores de mercado (zabazoque ou almotacene).

O manuscrito en árabe deste libro foi rescatado polo historiador francés Évariste Lévi-Provençal, quen o traduciu e editou por primeira vez en lingua francesa ao publicalo como Un document sur a vie urbaine et lles corps de métiers à Séville au début du XII.e siècle: Le traité de Ibn Abdun, en Journal Asiatique CCXXIV (1934, pp. 177-299).

En 1936 apareceu unha versión en italiano publicada polo profesor da Universidade de Roma Francesco Gabrieli, titulada Il trattado censorio dei Ibn 'Abdun sul buon governo dei Siviglia, en Rendiconti delle Clase de Scienze morali, storische e filologiche da Reale Academia Nacionale dei Linzei.

En castelán está a versión traducida e adaptada por Emilio García Gómez, que, co título de Sevilla a comienzos del siglo XII El tratado de Ibn 'Abdun, foi publicado por Ediciones Moneda y Crédito en 1948. Pedro Chalmeta en 1973 fixo unha reedición comentada con apreciacións sobre os trazos sicolóxicos e sociolóxicos na obra.[2]

A maior parte do Tratado está dedicado a recomendar medidas para evitar as fraudes e a realizar un control de calidade dos numerosos produtos nos zocos, e a lograr unha hixiene axeitada nos alimentos para impedir a transmisión de enfermidades. O propio Ibn Abdún escribiu que as materias do tratado eran unha mínima parte das necesarias para emendar as nocivas prácticas comerciais e artesanais daquel momento.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. E. Lévi-Provençal y E. García Gómez, Sevilla a comienzos del siglo XII. El Tratado de Ibn ‘Abdun, Madrid, Moneda y Crédito, 1948.
  2. CHALMETA, Pedro, El "señor del zoco" en España: edades media y moderna, contribución al estudio de la historia del mercado, Publicado por Instituto Hispano-Árabe de Cultura., Madrid., 1973, pp. 415 a 423.
  3. Escartín González, Eduardo, Estudio económico sobre el tratado de Ibn Abdún el vino y los gremios en al-Andalus antes del siglo XII, Sevilla: Fundación El Monte; 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • E. Lévi-Provençal, “Un document sur la vie urbanie et les corps de métiers à Seville au début du XII siècle: La traité d´Ibn ‘Abdun, Publio avec une introduction et un glossaire”, en Jourrnal Asiatique, CCXXIV, (1934), págs. 177-299
  • G. Vajda, “À propos de la situation des Juifs et des des Chretiens à Seville au début de XII siècle”, en Revue des Études Islamiques (1934), págs. 127-129.
  • F. Gabrieli, “Il trattato censorio de Ibn ‘Abdun sul buon governo di Siviglia”, en Rendiconti delle Classe di Scienze morali, storiche e filologiche, de la Reale Academia Nazionale dei Lincei, VI, vol. XI-XII, fasc. 11-12 (1936), págs. 878-935.
  • “Ibn ‘Abdun”, en The Encyclopaedia of Islam (ed. Fr.), III, Leiden, E. J. Brill, 1960, 702-703
  • P. Chalmeta, El señor del zoco, Madrid, Instituto Hispano-Arabe de Cultura, 1973.
  • E. Lévi-Provençal y E. García Gómez, Sevilla a comienzos del siglo XII. El Tratado de Ibn ‘Abdun, Madrid, Moneda y Crédito, 1948 (reed. Facsímil, Sevilla, Fundación Cultural del Colegio Oficial de Aparejadores, 1998).
  • P. Cano Ávila “Ibn ‘Abdun al-IsbilÌ, Muhammad”, en J. Lirola Delgado y J. M. Puerta Vilches (dirs.), Diccionario de autores y obras Andalusíes, vol. I, Granada, Fundación El Legado Andalusí, 2002, págs. 334-336.
  • Escartín González, Eduardo, Estudio económico sobre el tratado de Ibn Abdún el vino y los gremios en al-Andalus antes del siglo XII, Sevilla: Fundación El Monte; 2006.