Institute of Space and Astronautical Science

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ISAS»)
Institute of Space and Astronautical Science
Tipoinstituto de investigación
Data de fundación1955
Organización matrizAxencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
EnToquio
PaísXapón
35°33′30″N 139°23′43″L / 35.558389, 139.395255
Na rede
http://www.isas.jaxa.jp/e/index.shtml, https://www.isas.jaxa.jp/en/index.html e https://www.isas.jaxa.jp/
Musicbrainz: 61ae6ad4-eaa7-4601-a569-826a1b9d13e9 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logo de ISAS.

Institute of Space and Astronautical Science (Instituto de Ciencia Espacial e Astronáutica) ou ISAS é unha organización xaponesa para a investigación en astrofísica e astronomía usando naves espaciais e para a investigación planetaria.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

O ISAS foi fundado en 1964 na Universidade de Toquio. Uns anos antes, en 1955, a universidade comezou a desenvolver foguetes sonda capaces de chegar aos 60 km de altura, participando no Ano Xeofísico Internacional. En 1970 o ISAS encargouse de lanzar o primeiro satélite xaponés con éxito a órbita, o Ohsumi, mediante un foguete L-4S. A partir de entón encargouse de diferentes misións en diferentes ámbitos, desde foguetes sonda a observatorios espaciais (como Ginga), pasando por misións lunares como HITEN ata misións de retorno de mostrar como Hayabusa.[1][2]

En 2003 ISAS fusionouse coas organizacións NASDA e NAL para formar a axencia JAXA.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 ISAS (2023). ISAS, ed. "ICON" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2023). "ISAS" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]