Hayabusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Video da reentrada
Imaxes de radar do asteroide 25143 Itokawa

Hayabusa, en xaponés "Falcón Peregrino", é o nome dunha sonda espacial xaponesa lanzada o 9 de maio de 2003, que despois dunha viaxe espacial de sete anos para recoller mostras do asteroide25143 Itokawa (asteroide 25143), retornou ao planeta Terra o 13 de xuño de 2010, caendo no deserto central australiano. As mostras son a primeiras obtidas dun asteroide.

Resultados das análises das mostras[editar | editar a fonte]

Os resultados das análises das mostras publicaronse na revista Science (na súa edición do 26 de agosto de 2011, vol. 133, número 6046, páxinas 1113-1136). Os resultados sinalan que a mineraloxía e química mineral das partículas do 25153 Itokawa son idénticas a das condritas LL (condritas con baixo contido en ferro), transformadas térmicamente polo impacto secular da materia do asteroide que foi recocido varias veces (unha escombreira recocida). Os resultados acreditan que os meteoritos mais númerosos recollidos na Terra (as condritas ordinarias) proceden de asteroides tipo S, coma o 25143 Itokawa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]