iMac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O iMac é un ordenador persoal de sobremesa deseñado e construído por Apple Computer. O iMac foi o "buque insignia" da gama Macintosh desde 1998, e adoptou tres aspectos básicos. Foi cualificado por Walt Mossberg coma o “estándar dourado dos computadores de mesa”.

O iMac sufriu unha grandisima innovación a partir da introdución do iPod, o que contribuíu ao drástico incremento dos beneficios de Apple Computer. Algúns consideran que a popularidade do sistema USB de conexión se debe precisamente ao iMac.

A máquina goza dunha alta reputación dentro da cultura popular debido ó estilo do seu deseño e distintivos, propios de Apple. No 2006 converteuse no primeiro ordenador de Apple Macintosh en usar procesador de Intel.


iMAC de Doble Núcleo
iMac Intel Doble Núcleo (20")
Tipo Ordenador de sobremesa
Desenvolvedor Apple Computer
Data de lanzamento 10 de xaneiro, 2006
Procesador 1.83 GHz 32-bit Intel Core Duo (17")
2.0 GHz 32-bit Intel Core Duo (20")
Web Sitio web de iMac