Holocéntridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holocentrus ascensionis

Os Holocéntridos (Holocentridae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Bericiformes (Beryciformes). Distribúense por augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, principalmente nos arrecifes dos dous últimos. Adoitan habitar en augas de máis de 100 m de profundidade, alcanzando algunhas especies augas moito máis profundas.

Características[editar | editar a fonte]

O seu tamaño oscila entre os 15 e os 35 cm (con valores máximos de 61 cm lonxitude en Sargocentron spinifer) e a cor é vermella prateada. Corpo longo máis ou menos oblongo, cuberto de grandes escamas ctenoides. Teñen uns característicos ollos enormes, debido ós seus hábitos de vida nocturnos.

Posúen unha espiña no preopérculo, cerca da abertura das branquias, que é velenosa e pode resultar moi perigosa. Aleta dorsal longa, cunha primeira parte con 10-13 espiñas, e unha segunda con 11-17 radios brandos, separadas ámbalas partes por unha escotadura que parece dividir a aleta en dúas. Aleta anal con catro espiñas (a 3ª e 4ª moi aparentes) e 7-16 radios brandos. Aleta pelviana, cunha única espiña, á altura das pectorais. Aleta caudal bifurcada.

Os membros da subfamilia Holocentrinae aliméntanse de invertebrados bentónicos e pequenos peixes, mentres que os da subfamilia Myripristinae aliméntanse de zooplancto. A maioría son de hábitos nocturnos e durante o día están agochados en gretas e baixo repisas de pedra. Os adultos son usualmente demersais (é dicir, que viven no fondo do mar).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subfamilias e oito xéneros:

  • Subfamilia Holocentrinae
    • Xénero Holocentrus (Scopoli, 1777)
    • Xénero Neoniphon (Castelnau, 1875)
    • Xénero Sargocentron (Fowler, 1904)
  • Subfamilia Myripristinae
    • Xénero Corniger (Agassiz en Spix y Agassiz, 1831)
    • Xénero Myripristis (Cuvier, 1829)
    • Xénero Ostichthys (Cuvier en Cuvier y Valenciennes, 1829)
    • Xénero Plectrypops (Gill, 1862)
    • Xénero Pristilepis (Randall, Shimizu y Yamakawa, 1982)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Holocéntridos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Holocéntridos