Historia de Xosé o carpinteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Historia de Xosé o Carpinteiro é un texto orixinariamente escrito en copto no século III ou IV considerado polo seu contido como un dos evanxeos apócrifos da infancia de Xesús de Nazaret. Apareceu no século XVIII

Contido[editar | editar a fonte]

Presenta unha revelación de Xesús que narra no monte das oliveiras a historia de Xosé de Nazaret dende a súa viuvez ata a súa morte, pasando polo casamento con María de Nazaret, o nacemento de Xesús, a fuxida a Exipto, a súa enfermidade e morte. Xesús chámao meu pai segundo a carne, e descríbeo como un carpinteiro xa maior, humilde, agarimoso e xusto.

Resulta significativo que tente explicar porque María era coñecida tamén como a nai de Santiago o Xusto, amosando como o agarimou cando se encontrou a este como un neno orfo e desvalido e como o acariñou e coidou.

Recolle tamén o nome das fillas de Xosé: Lisia e Lidia.

A historia ten un fin catequético, o propio Xesús di no Evanxeo: téñovos dito moitas veces, e repítovolo agora, que ningún forte salvarase pola súa propia forza e ningún rico pola contía das súas riquezas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Piñero, A. Jesús, la vida oculta: revelada por los evangelios rechazados por la Iglesia. Esquilo 2007 ISBN 987-989-8092-04-5
  • Santos Otero, A. Evangelios apócrifos, BAC Madrid 2004 ISBN 84-7914-504-8