Furigana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Os furigana (振り仮名, ふりがな) son caracteres kana (hiragana ou ben katakana) de tamaño menor que se colocan preto dun kanji ou doutro carácter para indicar a súa pronuncia.

  • Na escrita vertical colócanse á dereita do carácter.
  • Na escrita horizontal están situados enriba do carácter.

ou
かん

Empréganse nos seguintes casos:

  • En libros escritos para nenos que non dominan a lectura dos kanji, así como nalgúns manga (deseños animados xaponeses)
  • En caracteres que non se atopan na lista dos 1945 kanji de uso común ou Jôyô kanji.