Heroides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Heroidas»)
Heroides
Autor/aOvidio
OrixeImperio Romano
Lingualingua latina
Xénero(s)epistolario
editar datos en Wikidata ]

Heroides (ou Heroidas; en latín : Epistulae Heroidum, lit. "Cartas das heroínas") son unha colección de quince poemas epistolares compostos, en latín, polo autor romano Publio Ovidio Naso. Escritas en dístico elexíaco, presentan unha selección de cartas coma se fosen escritas por heroínas da mitoloxía grega e da mitoloxía romana que, dalgún xeito maltratadas, descoidadas ou abandonadas, escriben aos seus amantes. Asigna un papel ás mulleres pouco habitual na literatura da Antigüidade clásica.[1]

Heroides dobres[editar | editar a fonte]

Un conxunto adicional de seis poemas, moi coñecidos como Heroides dobres e numerados do 16 ao 21 nas edicións académicas modernas, seguen estas cartas individuais e presentan tres intercambios separados de epístolas emparelladas: unha dun heroico amante á súa amada ausente e outra da heroína en resposta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "heroidum-epistularum-vii-ovidio" (PDF). repositorio.uca.edu.ar (en castelán e inglés). Consultado o 22 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]