Hermann Edward Hasse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermann Edward Hasse
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1836
Morte29 de outubro de 1915
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Actividade
Ocupaciónictiólogo, botánico
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHasse Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAdelaide Hasse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiCarl Eduard Hasse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 63391796 Editar o valor em Wikidata

Hermann Edward Hasse, nado o 12 de xaneiro de 1836, e finado o 29 de outubro de 1915, foi un ictiólogo e botánico, especialista en liques, estadounidense.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hasse escribiu dous textos importantes e numerosos artigos no campo da liquenoloxía.[3]

Principalmente fixo as súas investigacións, como liquenólogo, no sur de California. Entre os seus correspondentes figuran o botánico especialista en criptógamas William Gilson Farlow e o liquenólogo George Knox Merrill.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

En 1913 Hasse publicou The Lichen Flora Of Southern California, unha flora dos liques do sur de California no que describe uns 400 taxons.[1] O liquenólogo Kerry Knudsen describiuno como "histórico" na revista de liquenoloxía Opuscula Philolichenum.[1]

Tamén escribiu un anterior estudo Liquens of Southern California, publicado en 1898, e outros 30 artigos e notas sobre liques, moitos publicados en The Bryologist.[1]

En ictioloxía é coñecido por ser o descritor da familia dos hemigaleidos, tiburóns da orde dos carcarriniformes.[4][5]

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Hassea, un xénero de fungos da clase dos dotideomicetos,[6] e Lecidea hassei, un lique que crece dentro das rochas (lique endolítico), foron ambos os dous nomeados na súa honra.[1]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[7]

A abreviatura Hasse enmprégase para reoñecer a Hermann Edward Hasse como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "H. E. Hasse, Lichenist", en Kerry Knudsen (2010): Opuscula Philolichenum, 8: 59-66.
  2. "Hermann Edward Hasse, Lichenist", en Bruce Fink (1916): Mycologia 8 (5): 243-248.
  3. Lecidea hassei, Consortium of North American Lichen Herbaria.
  4. Hemigaleidae Hasse, 1878 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.
  5. Hemigaleidae Hasse, 1879. Consultada o 5 de abril de 2022.
  6. Hassea A.Zahlbruckner, 1902} no GBIF.
  7. Hasse – Hermann Edward Hasse (1836-1915) no IPNI.