Heinkel He 45

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinkel He 45
Tipo bombardeiro lixeiro
Fabricante Heinkel
Primeiro voo 1931
Construídos 512

O Heinkel He 45 foi un bombardeiro lixeiro producido en Alemaña a principios dos anos 30, sendo un dos primeiros avións adoptados pola nova formada Luftwaffe. Tratábase dun biplano cunha tripulación de piloto e artilleiro sentados en tándem en cabinas abertas. Desenvolvido en paralelo ao He 46, apareceu en 1931 como un biplano de propósito xeral e foi empregado principalmente como adestrador, pero tamén foi empregado pola Luftwaffe como avión de recoñecemento e bombardeiro lixeiro. A produción total acadou os 512 exemplares, incluídos os fabricados baixo licenza por Gotha, Focke-Wulf e BFW.