Heckler & Koch G36
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Heckler & Koch Gewehr Model 36 é un fusil do calibre 5,56 mm x 45 OTAN deseñado en Alemaña durante os anos noventa como substituto do HK G3. É o fusil regulamentario da Bundeswehr (Forzas Armadas de Alemaña) dende 1995 e das Forzas Armadas de España dende 1999. Tamén é usado por un gran número de forzas especiais e policiais do mundo.
Índice |
[editar] Descrición
As variantes máis estendidas do G36 son:
- G36E: A versión de exportación do G36 que non inclúe o punteiro láser sobre a mira óptica.
- G36K: Versión "carabina" un pouco máis corta.
- G36C: Versión de comando para corpos especiais e policía.
Tamén existe una versión de francotirador que usa o G36 como base: o SL9.
[editar] Galería de imaxes
-
Unidade de Operacións Especiais das FAS con fusís G36.
-
G36 da Bundeswehr equipado co lanzagranadas AG36 e módulo láser LLM01.