Hawker Tempest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hawker Tempest
Hawker Tempest Mk V prototype ExCC.jpg
Prototipo do Tempest Mk V
Tipo Caza
Fabricante Hawker Aircraft
Primeiro voo 2 de setembro de 1942
Introducido 1944
Principais usuarios Royal Air Force

O Hawker Tempest foi un caza británico usado a finais da Segunda Guerra Mundial. Deseñouse como un Typhoon mellorado, cunha á máis delgada, cúpula de burbulla e un motor máis potente. Encargáronse tres prototipos con motores Bristol Centaurus, Rolls-Royce Griffon e Napies Sabre (o primeiro radial e os outros lineais). O primeiro deles voou en setembro de 1942, e a primeira versión en entrar en servizo foi a F.MkV con motor Sabre en xaneiro de 1944, sendo a única en operar durante a guerra.