Halo (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′09″N 8°42′44″O / 42.235806329103, -8.7123149517594

Halo de Vigo dende abaixo.

O Halo é unha infraestrutura civil na cidade de Vigo, inaugurada o 16 de febreiro de 2024, que une a rúa García Barbón coa estación multimodal de trens e autobuses.

Características[editar | editar a fonte]

Parte dende o centro comercial Vialia, pasa sobre a autoestrada AP-9 e contén dous ascensores, evitando un rodeo duns 2 quilómetros. A estrutura conta con dúas cabinas de 2,73 metros cadrados e unha capacidade para 17 persoas cada unha.

A obra levou 16 meses e tivo un orzamento de 15,8 millóns de euros. Trátase dun ascensor panorámico, translúcido, que salva 50 metros nuns 30 segundos. Conta con catro aeroxeradores que permiten aos ascensores funcionar coma elementos autosuficientes.

Ademais da súa función como ascensor, o Halo preséntase como un miradoiro da cidade con vistas á ría de Vigo.

Sucesos[editar | editar a fonte]

O 7 de febreiro de 2024, antes da inauguración, un home de 31 anos suicidouse lanzándose desde o Halo. Tras a inauguración, o 22 de febreiro, un mozo de 21 anos faleceu do mesmo xeito.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Halo recibiu o primeiro premio internacional de arquitectura Loop Design Awards, na categoría de arquitectura non construída[2] no ano 2021.

Notas[editar | editar a fonte]