HESA Saeqeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HESA Saeqeh
Tipocaza
FabricanteHESA
Primeiro vooxullo de 2004
Introducido22 de setembro de 2007
Principais usuariosForza Aérea de Irán
Unidades construídas12

O HESA Saeqeh (persa: صاعقه, "raio"), tamén escrito Sa'eqeh; Saegheh, ou Saeqeh-80,[1] é un caza monopraza iraniano derivado do estadounidense Northrop F-5.[2][3] Un produto conxunto da Forza Aérea de Irán e o Ministerio de Defensa, é a segunda xeración do caza iraniano HESA Azarakhsh.[4]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O primeiro prototipo do reactor foi visto na televisión estatal realizando un voo de proba en xullo de 2004.[5] Segundo a tradución realizada polo Instituto de investigacións de medios de comunicación no Oriente Medio (MEMRI) dunha transmisión da Rede de Noticias da República Islámica de Irán (IRINN), o Saeqeh converteuse nunha aeronave operacional o 6 de setembro de 2006 cando este participou nun exercicio militar do tipo xogo de guerra coñecido en Occidente como "Blow of Zolfaqar". Naquel exercicio, o cal comezou o 19 de agosto de 2006, o novo caza realizou accións descritas como "unha misión para bombardear brancos virtuais",[6] e "unha misión de bombardeo simulado".[7] Dous prototipos, os cales parecen diferir daquel que foi amosado previamente, realizaron unha pasada no aeropuorto Mehrabad en Teherán o 20 de setembro de 2007.Tres prototipos participaron nun desfile militar o 22 de setembro de 2007.[8]

Irán anunciou que probaría as outras tres variantes do Saeqeh nun futuro próximo. Hassan Parvaneh, o executor do proxecto, dixo o 20 de setembro de 2007 que a fabricación da terceira xeración do Saeqeh estaba encamiñada e agregou que o novo tipo diferiría das xeracións anteriores debido a importantes cambios nos seus sistemas de armas, aerodinámica e alcance operacional.[9]

En setembro de 2010 Irán amosou o primeiro escuadrón de cazas Saeqeh durante un festival aéreo celebrado durante os desfiles miltares ao principio da Semana da Defensa Sagrada de Irán segundo a axencia de noticias FARS.[10] En maio de 2012 o ministro de defensa Ahmad Vahidi dixo que tres novas xeracións de cazas Saeqeh serían fabricadas e entregadas á Forza Aérea.[11]

O 26 de agosto de 2012, o viceprimeiro ministro de defensa Mohammad Eslami anunciou que unha versión actualizada do Saeqeh sería introducido na Forza Aérea de Irán cara finais de 2013.[12]

Deseño[editar | editar a fonte]

Publicouse moi pouca información sobre as especificacións do Saeqeh. O comandante da Forza Aérea de Irán, o xeneral de brigada Ahmad Mighani, dixo que o Saeqeh está actualizado en termos de equilibrio aerodinámico e de sistemas de mísiles e radar.[13] O director da Organización de Aviación do Ministerio de Defensa e Loxística das Forzas Armadas, Majid Hedayat, describiu o Saeqeh como un avión loxístico e de combate con gran manobrabilidade e habilidade para bombardear obxectivos próximos.[13] O avión aseméllase a un Northrop F-5 con dous estabilizadores verticais en vez dun.

En 2008 Irán anunciou que o avión tiña un alcance de 3 000 km.[14] Ten un radar Phazotron-NIIR N019 coñecido como "Baaz" cun alcance de 80 km que pode seguir a 10 obxectivos e pode atacar a dous deles ao mesmo tempo.[15]

As diferenzas visuais entre o Saeqeh e o Northrop F-5E orixinal limítanse a dúas derivas en vez dunha, strakes adicionais nas ás e entradas de aire modificadas. A fuselaxe, o tren de aterraxe, os motores, o armamento e os instrumentos da cabina parecen ser idénticos aos do F-5E, o que indica que o Saequeh non éun caza de nova de construción, senón unha modificación do Northrop F-5.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saeqeh". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Azarakhsh". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-03-13. 
  3. "Commander says air defense equipment provided domestically - Irna". web.archive.org. 2008-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2008. Consultado o 2022-03-13. 
  4. "Iranian Air Force takes delivery of 3 Saeqeh fighters - Tehran Times". web.archive.org. 2012-05-18. Archived from the original on 18 de maio de 2012. Consultado o 2022-03-13. 
  5. "Saeqeh Fighter". Consultado o 2022-03-13. 
  6. "Saeqeh fighter plane test-flown in `Blow of Zolfaqar' wargames - Irna". web.archive.org. 2007-03-12. Archived from the original on 12 de marzo de 2007. Consultado o 2022-03-13. 
  7. "Iran Upgrades Aging US-Made Jet". www.payvand.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2007. Consultado o 2022-03-13. 
  8. "Fars News Agency :: President Inspects Home-Made Fighter Jets". web.archive.org. 2007-11-10. Archived from the original on 10 de novembro de 2007. Consultado o 2022-03-13. 
  9. "Fars News Agency :: Iran to Display 3rd Generation of Home-Made Fighter Jet". web.archive.org. 2007-11-10. Archived from the original on 10 de novembro de 2007. Consultado o 2022-03-13. 
  10. "Fars News Agency :: First Squadron of Iran-Made Saeqeh Fighters Joins Operations". web.archive.org. 2011-10-03. Archived from the original on 03 de outubro de 2011. Consultado o 2022-03-14. 
  11. "Iranian Air Force takes delivery of 3 Saeqeh fighters". archive.ph. 2013-01-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-03-14. 
  12. "Fars News Agency :: Iran to Unveil New Generation of Home-Made Fighter Jets Soon". swap.stanford.edu. Archived from the original on 13 de setembro de 2012. Consultado o 2022-03-13. 
  13. 13,0 13,1 "Air Force has planned to manufacture cutting edge jet fighters (Replays to fix test-flight) - Irna". web.archive.org. 2007-10-02. Archived from the original on 02 de outubro de 2007. Consultado o 2022-03-20. 
  14. "Fars News Agency :: Iran to Introduce Indigenous Fighter Jets in 2009". web.archive.org. 2012-02-10. Archived from the original on 10 de febreiro de 2012. Consultado o 2022-03-20. 
  15. "تولید انبوه هواپیمای جنگنده ی صاعقه ساخت نیروی هوایی ارتش جمهوری اسلامی ایران – هواپیما". airplane.ir. Consultado o 2022-03-20. 
  16. Roblin, Sebastien (2017-02-17). "Why Iran's Fighter-Jet Ripoff Is Just Fake News". The National Interest (en inglés). Consultado o 2022-03-20.