Guilielmus Messaus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1589 Antuerpen |
Morte | 8 de marzo de 1640 (50 anos) Antuerpen |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Países Baixos españois |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Movemento | Música barroca |
Guilielmus Messaus, tamén coñecido coas variantes do apelido Messaulx e Missau, bautizado en Antuerpen o 2 de xullo de 1589 e finado na mesma cidade belga o 8 de marzo de 1640, foi un compositor barroco pertencente á escola francoflamenga que desenvolveu a súa actividade nos Países Baixos Españois.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sábese que foi sancristán da igrexa de San Xurxo en Antuerpen entre 1609 e 1610, e que chegou a ser mestre da escola e sancristan da igrexa de San Willibrord en 1613. Desde 1614 ata 1618 ensinou nas igrexas de Santo André e de San Walburge, ambas en antuerpen, e nesta última foi cantante e mestre de capela, posto que non deixou ata a súa morte.
Coñécese que en diversas ocasións foi cuestionado polo seu carácter e comportamento. En 1620 foi suspendido transitoriamente das súas funcións por se negar a executar unha misa de requiem gregoriana, en canto plano, en vez dunha missa de angelis (misa dos anxos) polifónica para un cativo falecido. Chegou mesmo a agredir o mestre do coro para o substituír, e intentou, cos seus cantantes, cubrir de polifonía o canto gregoriano.
En 1613 ou 1614, Messaus casou con Magdalena de Masereth, con quen tivo cinco fillos, entre eles Guilielmus (nado en 1619), que cantou, entre 1649 e 1654, como tenor na igrexa de San Xurxo. Tras a morte da Magdalena, Messaus casou en segundas nupcias con Clara Loycx en 1639, un ano antes do seu falecemento.
Obra[editar | editar a fonte]
Messaus compuxo polo menos 14 misas, entre elas a Missa Victorus Fernandus, inédita pero rexistrada como parte do seu legado na biblioteca do rei Xoán IV de Portugal. Ademais, consérvanse 57 motetes e himnos con letras en holandés,vilancicos en holandés e en latín, e tres madrigais profanos en holandés.[2]
É probable que Messaus sexa o editor de Laudes Vespertinae, de 1629, a primeira colección que contén un número considerable de cantiones natalitiae (vilancicos). Case a metade do contido desta compilación é da súa autoría e el é o compositor de nove vilancicos[3]. Na maioría das veces, trátase de harmonizacións moi sinxelas para catro voces de panxoliñas que se remontaban a finais da Idade Media, como Een kindeken is ons gheboren ("Naceunos un neno") e Het viel eens hemels dawne ("Caeu o orballo do ceo").[4]
Ademais de moitos motetes, copiou tamén tres libros de música para clavicémbalo de John Bull.[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guilielmus Messaus". En Spiessens, Godelieve. The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres, 2001.
- ↑ Grijp, Louis Peter. Cantiones Natalitiæ (anotacións do CD do grupo de música antiga Camerata Trajectina, baixo a dirección do musicólogo Louis Peter Grijp). Globe 6033. 1995.
- ↑ Johnson, Daniel (Dir.). Texas Early Music Project. Flanders Christmas Songs. Páxina 7. Anotacións a un programa do concerto.
- ↑ Rasch, Rudolf. De Cantiones natalitiae en het kerkelijke muziekleven in de Zuidelijke Nederlanden gedurende de zeventiende eeuw. Utrech. Vereniging voor Nederlandse Muziekgeschiedenis, 1985.
- ↑ Rasch, Rudolph. "The Messaus-Bull Codex London, British Library, Additional Manuscript 23.623". En Revue Belge de Musicologie. Vol 50. 1966. Páxinas 93 a 127.
- ↑ "John Bull" en Base de Données Musicale: "Ses trois séries de variations sur la chanson de Noël [...] témoignent de linfluence qu'il subit de son entourage flamand à Bruxelles et Anvers, et nous sont parvenues par les copies quen fit Guilielmus Messaus, maître de chant à léglise Sainte-Walburge dAnvers et lui-même compositeur dun grand nombre de Cantiones natalitiæ".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- The Concise Edition of Baker's Biographical Dictionary of Musicians. 8ª edición. Revisión de Nicolas Slonimsky. Nova York, Schirmer Books, 1993. [ISBN 0-02-872416-X]
- Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
- Bukofzer, Manfred. Music in the Baroque Era. Nova York, W.W. Norton & Co. 1947. [ISBN 0-393-09745-5]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Partituras de Guilielmus Messanus en The International Music Score Library Project.
- Partituras de Guilielmus Messanus en Choral Public Domain Library.
- Vilancico de Messanus en Youtube, interpretado por Camerata Trajectina.