Guerra Civil Etíope
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dáse o nome de Guerra Civil Etíope ao período comprendido entre o derrocamento de Haile Selassie en 1974 e a caída do réxime comunista de Mengistu en 1991. Caracterízase por unha sucesión de diferentes conflitos armados, entre diversas guerrillas ou movementos secesionistas e o Estado Etíope, que rematou por derrocar o goberno, poñendo fin á República Democrática Popular de Etiopía.