Grimoaldo II de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grimoaldo II (morreu en 680) foi o duque de Benevento desde 677 ata a súa morte[1]. Foi o fillo e sucesor de Romualdo I de Benevento. Estivo posibelmente baixo a rexencia da súa nai, Theodrada, filla de Lopo de Friúl. O seu reinado de tres anos non rexistra evento ningún: Paulo Diácono só recorda a súa voda e a súa morte. Dise que tivo un opoñente á coroa [2]. sucedeuno o seu irmán Xisulfo. Casou con Wigilinda, filla do rei Perctarito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. as súas datas aparecen tamén como 678681 [1].

Fontes[editar | editar a fonte]

Ducado de Benevento

Segue a:
Romualdo I de Benevento
Grimoaldo II de Benevento
Precede a:
Xisulfo I de Benevento
-