Perctarito
Perctarito e un rei longobardo de Italia, fillo e sucesor do rei Ariperto (661).
Índice |
Traxectoria [editar]
Rei católico, cerca Pavía mentres que, cousa curiosa, comparte o poder co seu irmán Godeperto, co-rei ariano con sede en Milán, a antiga capital dos longobardos. Tras ser asasinado o seu irmán pouco despois por unha conxuración de palacio dirixida por Grimoaldo, duque de Benevento, prefire fuxir que sufrir o mesmo destino e atopa primeiro refuxio cos ávaros do khagan Kakan e despois entre os francos. Con todo, a súa muller Rodelinda e o seu fillo Cuniperto, capturados por Grimoaldo, son enviados ao exilio a Benevento.
En 671, volto do exilio, toma finalmente o poder e volve a subir ao trono longobardo. Fai do catolicismo a relixión oficial do reino pero non recoñece a autoridade papal, asina a paz cos bizantinos e asocia ao seu fillo Cuniperto ao poder a partir de 678. Loita en van contra o rebelde Alachis, duque de Trento, antes de morrer asasinado en 688, vítima dunha conxuración.
Posteridade [editar]
Pertharite é o nome dunha traxedia de Pierre Corneille, baseada na historia deste rei longobardo.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Ariperto |
Perctarito | Precede a: Grimoaldo |
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Garibaldo |
Perctarito | Precede a: Cuniperto |