Gravidade API

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gravidade API ou densidade API, das súas siglas en inglés American Petroleum Institute, é unha medida da densidade que describe como pesado ou livián o petróleo en comparanza coa auga. Se os grados API son maiores que 10, é máis lixeiro que a auga, e polo tanto flotaría nesta.

Usos e características[editar | editar a fonte]

A gravidade API é tamén usada para comparar densidades de fraccións extraídas do petróleo. Por exemplo, se unha fracción de petróleo flota noutra, significa que é máis liviá, e polo tanto a súa gravidade API é maior. Matematicamente a gravidade API non ten unidades (ver a fórmula abaixo). Con todo sempre ao número colócaselle a denominación grado API. A gravidade API é medida cun instrumento denominado hidrómetro.

Fórmula da gravidade API[editar | editar a fonte]

A fórmula usada para obter a gravidade API é a seguinte:

Gravidade~API= 	\frac{141.5}{PE} - 131.5

A fórmula usada para obter o peso específico do líquido derivada dos grados API é a seguinte:

PE\ \mbox{a}~60^\circ \mbox{F} = \frac{141.5}{Gravidade~API+ 131.5}


60°F (ou 15 5/9 °C) é usado como o valor estándar para a medición e reportes de medicións.

Polo tanto, un cru pesado cunha gravidade específica de 1 (esta é a densidade da auga pura a 60 °F) terá a seguinte gravidade API:

 \frac{141.5}{1.0} - 131.5 = 10.0^\circ \mbox{API}

Clasificación do petróleo segundo a Gravidade API[editar | editar a fonte]

Xeralmente, un maior valor de gravidade API nun produto de refinaría representa que este ten un maior valor comercial. Isto basicamente debido á facilidade (operacional e económica) de producir destilados valiosos como gasolina ou gasóleo con alimentacións de crus liviáns e aos altos rendementos dos mesmos. Esta regra é válida ata os 45 grados API, máis aló deste valor as cadeas moleculares son tan curtas que fan que os produtos teñan menor valor comercial.

O Petróleo é clasificado en lixeiro, medio, pesado e extrapesado, de acordo á súa medición de gravidade API.

Petróleo lixeiro ou de base Parafínica: Posúe máis de 31,1 ºAPI. Contén, alén de alcanos, unha porcentaxe do 15 a 25% de cicloalcanos.
Petróleo medio ou de base Nafténica: Posúe entre 22,3 e 31,1 ºAPI . Alén de alcanos, contén tamén do 25 a 30% de hidrocarburos aromáticos.
Petróleo pesado ou de base Aromática: Posúe menos de 22,3 ºAPI e é constituído, practicamente, só de hidrocarburos aromáticos.
Petróleo extra-pesado: Posúe ºAPI menor que 10.