Grasulfo II de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grasulfo II (... – circa 653?) foi un duque longobardo, duque do Friúl desde o 625 ata o 653 aproximadamente.

Irmán de Xisulfo II, asumiu o título ducal despois do asasinato a mans bizantinas, en Oderzo, dos dous fillos maiores de Xisulfo, correxentes do ducado, Caccón e Tasón (625 circa). Paulo Diácono non fornece información sobre os eu reinado, pero sinala[1] que o seu nomeamento non lle gustou aos dous fillos sobreviventes de Xisulfo, os aínda xoves Radoaldo e Grimoaldo. Xa próximos á maioría de idade, rexeitan sometérense á autoridade do tío e trasladáronse ao ducado de Benevento onda o duque Arechis I.


Notas[editar | editar a fonte]


Fontes[editar | editar a fonte]