Radoaldo de Benevento
Radoaldo (tamén Radualdo) (morto en 651) foi o duque de Benevento (o máis meridional dos ducados longobardos na Italia medieval) desde o 646 ata a súa morte en 651. O seu irmán máis vello, Aiulfo tiña problemas mentais e Radoaldo e o seu irmán máis novo Grimoaldo foron rexentes. Radoaldo e Grimoaldo eran os fillos máis novos de Xisulfo II de Friúl. Eran fillos adoptivos de Arechis I de Benevento, do que era fillo Aiulfo.
En 646, asaltantes eslavos desembarcaron preto de Siponto no Adriático. Aiulfo en persoa dirixiu as súas tropas contra os invasores, pero o seu cabalo caeu nun foxo cavado polos eslavos ao redor do seu campamento e foi rodeado e matado. Sucedeuno Radoaldo coa axuda do rei Rotario. Radoaldo coñecía o eslavo e induciunos a partiren. Sucedeuno Grimoaldo.
| Ducado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: Aiulfo I de Benevento |
Radoaldo de Benevento | Precede a: Grimoaldo I de Benevento |
| - | ||