Google Glass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Glass Explorer Edition
As lentes Google


Google Glass (literalmente lentes Google) é un proxecto en desenvolvemento da Google[1] que consiste nunhas lentes conectadas á Internet que usan unha tecnoloxía futurista de realidade aumentada.[2]. As Google Glass son un dispositivo de visualización tipo Head-mounted display (HMD)

As Google Glass Explorer Edition foron lanzadas para os desenvolvedores de Google I/O por 1500 $ + impostos no ano 2013, mentres que a versión para consumidores agárdase que estea pronta no decorrer de 2014.[3]

As Google Glass son un dispositivo semellante a unhas lentes, que fixadas nun dos ollos, fan aparecer unha capa/pantalla por riba do campo de visión. A pequena capa presenta ao usuario mapas, opcións de música, previsión do tempo, rutas de mapas, e alén disto, tamén é posíbel efectuar chamadas de vídeo ou tirar fotos de algo que se estea a ver e compartir inmediatamente a través da Internet.

Fálase do Proxecto dende 2006 e, até o día 4 de abril de 2012, o Google Glass aínda era un proxecto secreto da Google. Actualmente, o Google X conta co apoio de especialistas en alta tecnoloxía coma Richard W. DeVaul e Babak Parviz. O visual do Google Glass semella sofisticado e futurista mais non posúe lentes dos dous lados. Sábese que a Google forneceu os prototipos aos seus colaboradores para poder lanzar o produto en 2014.

A lente de proxección da Google Glass non ocupa todo o campo de visión do usuario e posúe unha tecnoloxía de foco que permite ao observador ler os contidos sen a necesidade de mudar o foco de visión. Todos eses coidados garanten o confort e a seguranza da persoa que utiliza a tecnoloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]