George Samouelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Samouelle
Biografía
Nacementoc. 1790 Editar o valor em Wikidata
Morte1846 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlepidopterólogo , carcinólogo Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSamouelle Editar o valor em Wikidata
Collecting and Preserving Exotic Insects.

George Samouelle, nado contra 1790 e finado en 1846, foi un conservador do Museo de Historia Natural de Londres e entomólogo e malacólogo británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George Samouelle, empregado como libreiro para Longman & Co,[1] ingresou no Museo de Historia Natural, a pesar de "non ter ningunha aptitude científica", ao mesmo tempo que William Elford Leach.[2]

Parece que Leach axudou moito a Samouelle, e Bate e Westwood afirmaron que "o doutor Leach é a principal autoridade para o traballo de Samouelle". Cando Leach deixou o museo, Samouelle asumiu o seu cargo, pero "parecía incapaz de traballar independentemente".[2]

Vinte anos despois, en 1840, despois de descoidar o seu traballo, beber, insultar aos seus superiores e, nunha ocasión, quitarlle as etiquetas aos exemplares de Adam White, Samouelle foi despedido.[1]

Morreu algo menos de cinco anos despois.[1]

Samouelle interesouse principalmente polos lepidópteros, pero tamén escribiu A nomenclature of British Entomology, ou un catálogo con máis de 4000 especies das clases dos crustáceos, miriápodos, arañas, ácaro e insectos etc., ordenados alfabeticamente. Neste traballo describiu novos xéneros e noutros varias ordes de insectos.

Samouelle foi un dos membros fundadores do Entomological Club en 1826, xunto con Abraham Davies, Samuel Henson e Edward Newman.[3][4]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Samouelle emprégase para recoñecer a George Samouelle como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Salmon, Marren & Harley 2000.
  2. 2,0 2,1 David M. Damkaer (2002): "Interrogating nature". En: The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1. Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240. American Philosophical Society. ISBN 978-0-8716-9240-5, pp. 156–174.
  3. Samouelle, George en coleoptera.org.uk.
  4. The Entomological Club. History en entomologicalclub.org.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Salmon, Michael A., Marren, Peter & Harley, Basil (2000): "George Samouelle (c. 1790–1846)". En: The Aurelian Legacy: British Butterflies and their Collectors. Berkeley, California: University of California Press. ISBN 978-0-520-22963-1, pp. 137–138.