Kymis B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «G.S. Kymis»)
Kymis
Información xeral
Nome Gymnastikos Syllogos Kymis
Liga A1 Ethniki
Fundación 2010
Cores                Azul, branco, amarelo
Presidente Grecia Alexandros Theodorou
Adestrador Grecia Giannis Kastritis
Localización
Cidade Grecia Kymi, Grecia
Pavillón Pavillón Nikos Marinos
Capacidade 1.100
Campionatos
A2 Ethniki 1 (2016)
gskimis.gr

O Gymnastikos Syllogos Kymis (en grego: Γυμναστικός Σύλλογος Κύμης), coñecido en inglés como Kymis B.C., é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Kymi, na illa de Eubea. Fundado no ano 2010, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O emblema do equipo é a deusa grega Atenea.

Historia[editar | editar a fonte]

O Gymnastikos Syllogos Kymis foi fundado en 1893, estando considerado como o máis antigo club deportivo de Grecia. Aínda que a actividade da primeira sociedade ximnástica de Kymi non perdurou moito no tempo (1893-1907). No ano 2010, un grupo de propietarios de Kymi refundaron o club, buscando que fose unha continuación do antigo equipo, mantendo o emblema orixinal no que aparecía a deusa Atenea.[1] Comezou en categorías rexionales, mais tardou pouco en asentarse no baloncesto nacional, e desde 2013 comeza a ascender ano tras ano de categoría, chegando no ano 2016 até conseguir o primeiro posto na liga regular da A2 Ethniki, o que lle deu o ascenso á máxima categoría do baloncesto heleno, a A1 Ethniki.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Γ.Σ. ΚΥΜΗΣ - Ιστορία του Συλλόγου". gskimis.gr (en grego). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 06 de maio de 2018. 
  2. "A2. Season 2015-2016". eurobasket.com (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]