Fundación Serralves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xardín e Casa de Serralves

A Fundación de Serralves atópase no Parque de Serralves na cidade do Porto, en Portugal, onde está instalado o Museo de Arte Contemporánea de Serralves e a Casa de Serralves.

A Fundación de Serralves foi creada en 1989, sendo o resultado dunha parceria entre o Goberno Português, institucións públicas e privadas e particulares.

A Casa e o Parque son a expresión do desexo e a realización do soño de Carlos Alberto Cabral (1895-1968), 2º Conde de Vizela.

Casa[editar | editar a fonte]

Concluída en 1940, a Casa de Serralves foi mandada construir polo segundo Conde de Vizela, Carlos Alberto Cabral. Ata a apertura do Museo de Arte Contemporánea, en 1999, a Casa de Serralves acollía as exposicións realizadas pola fundación. O edifício, cuxo proxecto final é da autoria do arquitecto portugués Marques da Silva, é considerado un exemplo único da arquitectura Art Déco en Portugal.

En 1996, a Casa de Serralves foi clasificada como “imóvel de interesse público” devido ao seu interese arquitectónico.

Parque[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Parque de Serralves.
Xardíns da Casa Serralves

O Parque de Serralves é o resultado dos procesos de deseño paisaxístico ao longo de máis dun século, constituíndo unha unidade temporal e espacialmente complexa constituída polos vestíxios dun xardín do século XIX, a Quinta do Mata-Sete, o xardín da Casa de Serralves, e a paisaxe do Museo de Arte Contemporánea de Serralves.

O proxecto para o xardín da Casa de Serralves foi encomendado polo Conde de Vizela ao arquitecto Jacques Gréber no ano 1932.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]