Frente Nacional de Alianza Libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frente Nacional de Alianza Libre foi unha organización política falanxista constituída en 1968 por Manuel Hedilla tras a súa marcha do Frente Sindicalista Revolucionario.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o franquismo actuaba baixo a cobertura da Editorial FNAL. En 1970, tras a morte de Hedilla faise co liderado Patricio González de Canales. En 1976 participa nun congreso de unificación da Falanxe que dará orixe á Falange Española de las JONS. En 1978 o FNAL constituíuse como partido político aínda que sen ter actividade pública desde entón.

O que sería líder da extrema dereita española Blas Piñar militaba nesta organización.