Fraortes, rei medo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fraortes, en antigo iraniano Fravartish foi, segundo Heródoto, o segundo rei de Media, fillo e sucesor de Deioces.
Estendeu o seu dominio por Persia e comezou a conquistar outras nacións de Asia. Gobernou vinte e dous anos (sobre -675--653) e morreu en combate contra os asirios. Actualmente pénsase que o seu reinado foi máis longo (duns 50 anos, sobre -675 - -625).
É identificado ás veces co líder Kashtariti mencionado nas taboíñas cuneiformes, pero a identificación é incerta.
Á súa morte sucedeuno o seu fillo Ciaxares.
| Reino Medo | ||
|---|---|---|
Segue a: Deioces |
Fraortes, rei medo | Precede a: Ciaxares |
| [[ ]] | ||