Franschhoek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Val do Franschhoek

Franschhoek (en holandés: "Recuncho francés") é unha pequena cidade da Provincia Western Cape e unha das cidades máis antigas de Suráfrica.

Historia[editar | editar a fonte]

Este val de Suráfrica foi establecido orixinalmente en 1688 polos refuxiados hugonotes franceses, a moitos deles foron dadas terras polo goberno holandés nun val chamado Olifantshoek (recuncho dos elefantes), nomeado de este xeito polas grandes manadas de elefantes que viviron na zona.

O nome axiña mudou a Franschhoek, xa que moitos dos colonos nomeaban as súas novas granxas con nomes das áreas das que chegaron. La Motte, La Cotte, Cabrière, Provence, Chamoix, Dieu Donné e La Dauphine estaban entre algunhas das primeiras granxas (moitas aínda conservan as súas casas orixinais a día de hoxe).

A herdanza hugonote presérvase hoxe co monumento hugonote que foi posto na entrada do pobo. A arquitectura holandesa non foi agredida, foron establecidas restricións a quen quixese facer restauracións ou novas construcións, para conservaren o espírito dos colonos orixinais da zona.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O monumento Huguenot

A vila comezou a experimentar un pulo desde os anos 90, e con isto medraron os prezos das propiedades. O tempo ideal de verán, os cumios nevados de inverno e a proximidade de Cape Town fixeron de Franschhoek unha das rexións resindenciais máis solicitadas de Suráfrica. A construción da escola privada tamén trouxo moitos habitantes á vila.

Franschhoek é famosa por ter algúns dos restaurantes de maior clase do país. Este feito, así como a cultura do viño e a beleza natural e arquitectónica fixeron de Franschhoek o que moitos coñecen como a 'capital da comida e do viño' de Suráfrica. As características de Franschhoek convertírono nun destino turístico popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]