Flocke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flocke o 9 de abril de 2008.

Flocke (ˈflɔkə) é unha cría femia de oso polar nada en catividade no Zoo de Núremberg o 11 de decembro de 2007. Poucas semanas despois de nacer, foi apartada da súa nai logo de que espertase preocupación pola súa seguridade. Malia que o zoo estabelecera unha estrita política de non interferencia cos seus animais, o equipo do zoo preferiu criar á cría a man. Esta decisión produciuse nun momento no que o zoo recibía unha atención negativa dos medios de comunicación despois de que outra osa polar supostamente comese as súas crías acabadas de nacer.

De xeito semellante á excitación xurdida por Knut, un oso polar nado en catividade e criado no Zoo de Berlín, Flocke («folerpa de neve» en alemán) converteuse axiña nunha sensación dos medios. O seu recinto converteuse unha popular atracción turística despois a súa presentación en público o 8 de abril de 2008. O seu nome foi inscrito como marca rexistrada e a súa imaxe apareceu en xoguetes e en publicidade da cidade. O zoo anunciou en maio de 2008 que o xefe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente Achim Steiner sería o padriño oficial de Flocke. O programa agarda utilizar Flocke como embaixadora para concienciar sobre o cambio climático. Unha semana despois da introdución dun oso nado en Rusia chamado Rasputin no recinto de Flocke, a finais do 2009 anunciouse que ámbolos dous serían transferidos a Marineland (sur de Francia), onde chegaron en abril de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]