Flaviana Charles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaFlaviana Charles
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Rexión de Morogoro, Tanzania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada Editar o valor em Wikidata

Flaviana Charles é unha avogada de Tanzania e a directora executiva de Business and Human Rights Tanzania. É tamén unha membro activa da Rede de Mulleres na Prevención de Conflitos e a Mediación da Unión Africana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Flaviana Charles medrou en Mtandika, Tanzania como orfa. Charles puido asistir á Escola de Comercio de Mtandika grazas a unha bolsa de patrocinio, unha dos dez estudantes que o fixo. Foi criada pola Irmá Barberina Mhagala, a supervisora da escola de oficios, a cal proporciona a mozas novas que non puideron continuar a educación secundaria habilidades de xastrería e confección.[2]

En 2002, Charles obtivo a súa Licenciatura en Dereito (LLB) pola Universidade de Dar es Salaam e logo obtivo a súa mestría en Dereito Internacional e Dereitos Humanos en 2010 na Universidade de Coventry en Inglaterra.[1][2]

Despois de se graduar, Flaviana Charles converteuse en oficial de programas do Centro Legal e de Dereitos Humanos en Tanzania. Charles converteuse en membro de numerosas organizacións centradas no dereito e nos dereitos humanos, incluíndo o Tanganyika Law Society (Comité de Educación Legal Continuo), a East African Law Society (Sociedade Xurídica de África Oriental), a Coalición Africana para a Responsabilidade Corporativa, a Asociación de Mulleres Avogadas de Tanzania, e a Asociación de Defensores dos Dereitos Humanos de Tanzania. Ademais, Charles deu conferencias na Universidade de Bagamoyo e a Escola de Dereito de Tanzania, centrándose na equidade de xénero, os dereitos dos investimentos comunitarios, o dereito á limpeza, e responsabilidade social corporativa.[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Flaviana Bahati Charles, Tanzania. Mediator, Lawyer.". Peace and Pluralism. 6 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Agius, Michael (2017). "Mtandika News 2017 Update". Action in Africa. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "TLS Committees". Tanganyika Law Society. 2021. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021.