Finnsnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de Finnsnes

Finnsnes é o centro administrativo da comuna de Lenvik no condado de Tromsö en Noruega, conta con 4026 habitantes (2007), localizada no continente está unida á illa de Senja pola Ponte Gisund, de 1147 metros. A localidade goza do status de cidade desde o ano 2000 e están integradas nela as antigas vilas de Trollvik, Stormyra, Fagernes e Finnfjord, ademais forma con Sandvik e Skogen unha unidade estatística que engloba a 5.246 habitantes (2007).