Filtro Chamberland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama esquemático dun filtro Chamberland

O filtro Chamberland, tamén coñecido como filtro Chamberland-Pasteur, é un filtro de auga feito en porcelana por Charles Chamberland en 1884.[1] Baixo un principio similar atópase o coñecido como filtro Berkefeld.

Deseño[editar | editar a fonte]

O filtro consiste nun tubo de porcelana sen esmaltar que contén un anel de porcelana esmaltada no que se encaixa o tubo de entrada. O núcleo da porcelana consta dun tubo metálico con buratos polos que sae e se recolle a auga. O influxo presurízase para que a filtración se produza exercendo esta forza.

Tipos[editar | editar a fonte]

Hai 13 tipos en xeral: L1 a L13. Os filtros L1 teñen poros máis grosos mentres que os do modelo L13 son máis delgados.

Utilidade[editar | editar a fonte]

É tan efectivo como calquera outro filtro de cerámica ou de porcelana. Resulta ser un bo filtro de auga para as bacterias, empregándose fundamentalmente a modo de filtro para inxentes cantidades de auga.[2][3] O filtro funciona con máis celeridade cando a auga administrada se atopa baixo presión. Ao igual que lles sucede a outros filtros similares, o modelo Chamberland non pode filtrar partículas de reducido tamaño tales como virus ou micoplasma. É empregado na eliminación de organismos en cultivos fluídos, co propósito de obter toxinas bacterianas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Horzinek MC (1997). "The birth of virology". Antonie van Leeuwenhoek 71 (1/2): 15–20. PMID 9049014. doi:10.1023/A:1000197505492. 
  2. Textbook of Microbiology by Prof. C P Baveja, ISBN 81-7855-266-3
  3. Textbook of Microbiology by Ananthanarayan and Panikar, ISBN 81-250-2808-0