Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 14 até o 25 de maio de 2019.[1] O director mexicano Alejandro González Iñárritu exerceu como presidente do xurado.[2][3] A Palma de Ouro recaeu sobre o filme surcoreano Gisaengchung, dirixido por Bong Joon-ho. Bong converteuse no primeiro director coreano en acadar o premio.[4]

A comedia de zombis do director estadounidense Jim Jarmusch, The Dead Don't Die, foi o filme que inaugurou o festival.[5] O festival honrou a directora francesa Agnès Varda, quen morreu en marzo de 2019, a cal aparece no póster oficial do festival. A fotografía empregada foi tirada durante a rodaxe do seu primeiro filme, La Pointe Courte (1955), que posteriormente se estrearía no festival.[6]

O filme galego O que arde, dirixido por Óliver Laxe, estreouse na sección oficial do festival Un Certain Regard o 21 de maio de 2019,[7] onde gañou o premio do Xurado,[8] sendo a primeira vez que un filme en lingua galega é proxectado na sección oficial.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richford, Rhonda (9 de xullo de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Cannes Film Festival Unveils 2019 Dates". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  2. "Alejandro González Iñárritu Jury President of the Festival de Cannes 2019". 27 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  3. Goodfellow, Melanie. "Cannes 2019: who's in the running?". Screen. Consultado o 14 de marzo de 2019. 
  4. The Guardian (ed.). "Bong Joon-ho's Parasite wins Palme d'Or at Cannes film festival". Consultado o 26 de maio de 2019. 
  5. Variety (ed.). "Jim Jarmusch’s Zombie Movie ‘The Dead Don’t Die’ to Open Cannes". Consultado o 10 de abril de 2019. 
  6. "Cannes: Festival Pays Tribute To The Late Agnès Varda With New Poster". Consultado o 16 de abril de 2019. 
  7. "The Screenings Guide 2019". 9 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019. 
  8. Lodge, Guy (24 de maio de 2019). Variety, ed. "Brazil’s ‘Invisible Life of Eurídice Gusmão’ Wins Cannes Un Certain Regard Award". Consultado o 24 de maio de 2019. 
  9. Mato, Mar (19 de abril de 2019). Faro de Vigo, ed. "Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: "O que arde", de Óliver Laxe". Consultado o 22 de abril de 2019.