Fento mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fento mariño
Asplenium auritum - Copenhagen Botanical Garden - DSC07985.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Superdivisión: Monilophyta
División: Polypodiopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Aspleniaceae
Xénero: Asplenium
Especie: A. auritum
Nome binomial
Asplenium marinum
L.

O fento mariño (Asplenium marinum ou Asplenium auritum), é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Medra en todo o litoral atlántico europeo e mediterráneo. Aparece nas tres provincias costeiras galegas.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un fento con rizoma oblicuo, cuberto de páleas linear-lanceoladas, con ápice filiforme, de castaño-claras a castaño-escuras. Frondes de até 58 cm, en fascículos laxos; pecíolo xeralmente menor que a lámina, de castaño avermellado a negro acastañado; raque castaño avermellado, verdoso no ápice; lámina 8-37 x 2-8 cm, 1-pinnada,oblongo-lanceolada, coriácea, raramente membranácea; pinnas 1,25-3,5 x0,7-1,5 cm, até 40 a cada lado do raque, curtamente pecioluladas, sésiles ou decorrentes,ovadas, subromboidais ou oblongas, obtusas e asimétricas na base, coa marxe crenada, dentada ou serrada; nervios 2-4 veces bifurcados. Soros(2)6-12(18) por pinna, oblongos, largos, xeralmente non confluentes. Esporas (23)27-32(38) μm de diámetro, ovais, xeralmente con perisporio cristado, con cristas pouco elevadas, reticulado-verrugoso nas aréolas. Ten un número de cromosomas de 2n = 72; n = 36.[1]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase en cantís mariños abeirados das vagas, tanto calcarios coma silíceos; rara vez no interior. Litoral atlántico europeo. Soe medran nas fendas das rochas.

Medra a plena luz, aínda que atura a sombra, requirindo calor. Aparece no piso colino principalmente. Cómpre de invernos suaves e humidade atmosférica alta. Prefire os solos moi secos (indicador de solos secos), ricos en bases (pH de 5,5 a 8, indiicador de alcalinidade) e moi pobres en azote.

Distribución[editar | editar a fonte]

Medra en todo a Europa atlántica, macaronésica, e en boa parte da beiramar mediterránea occidental. Na península ibérica aparece en toda a costa cantábrica e atlántica. Con pequenas poboación en Xirona, Illas Baleares e Valencia. En Galiza medra nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Asplenium auritum foi descrita por Peter Olof Swartz y publicado en Journal für die Botanik 1800(2): 52. 1801.[2]

Etimoloxía
Frondes

O nome galego ‘fento mariño’ (en portugués feto-marinho) refírese ao seu hábitat natural.

O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a dade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). marinum: epíteto referido ao hábitat mariño. auritum: epíteto que significa "orellán".[3]

Sinonimia
  • Asplenium auriculatum (Hook. f.) C.V. Morton & Lellinger
  • Asplenium auritum f. angustisectum Hieron.
  • Asplenium auritum var. auriculatum (Hook. f.) C.V. Morton & Lellinger
  • Asplenium auritum var. macilentum (Kunze ex Klotzsch) T. Moore
  • Asplenium auritum var. moritzianum Hieron.
  • Asplenium auritum var. obtusum Kunze ex Mett.
  • Asplenium auritum var. recognitum (Kunze) Griseb.
  • Asplenium auritum var. rigidum (Sw.) Hook.
  • Asplenium erosum Maxon
  • Asplenium lanceolatum Forssk.
  • Asplenium levyi E. Fourn.
  • Asplenium macilentum Kunze ex Klotzsch
  • Asplenium marinum L.
  • Asplenium marinum var. auriculatum Hook. f.
  • Asplenium plumbeum H. Christ
  • Asplenium recognitum Kunze
  • Asplenium shepherdii var. costaricense Baker
  • Asplenium sulcatum Lam.
  • Asplenium sulcatum var. recognitum Hicken
  • Diplazium bakerianum Domin[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  2. Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  3. Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
  4. Davidse, G., M. Sousa Sánchez & S. Knapp. (eds.) 1995. Psilotaceae a Salviniaceae. Fl. Mesoamer. 1: i–xxi, 1–470.
  5. Flora of North America Editorial Committee, e. 1993. Pteridophytes and Gymnosperms. 2: i–xvi, 1–475. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
  6. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  7. Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223.
  8. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584.
  9. Hochreutiner, B. P. G. 1908. Sertum madagascariense. Etude systematique de deux collections de plantes a Madagascar par M.M. J. Guillot et H. Rusillon. Annuaire Conserv. Jard. Bot. Genève 11/12: 35–135.
  10. Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. 1–860. In O. Hokche, P. E. Berry & O. Huber Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  11. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. Pp. 1-939.
  12. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
  13. Killeen, T. J. & T. S. Schulenberg. 1998. A biological assessment of Parque Nacional Noel Kempff Mercado, Bolivia. RAP Working Papers 10: 1–372.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fento mariño Modificar a ligazón no Wikidata