Evdokia Uralova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEvdokia Uralova
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1902 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Sakalyanka, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Minsk Editar o valor em Wikidata
Minister of Public Education of the BSSR (en) Traducir
26 de marzo de 1946 – 1947 – Mikhail Zimyanin (en) Traducir →
List of members of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR (1955–1959) (en) Traducir
Member of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR of the 1st convocation (en) Traducir
List of members of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR (1951–1954) (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Participou en
10 de marzo de 193918th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Evdokia Uralova, nada en Sokolyanka o 22 de agosto de 1902 e finada en Minsk o 17 de maio de 1985, foi unha política e diplomática soviética da República Socialista Soviética de Belarús activa na política internacional na década de 1940, defensora dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1946 foi unha das asinantes da Carta aberta ás mulleres do mundo presentada e lida por Eleanor Roosevelt na 29 sesión plenaria da Asemblea Xeral de Nacións Unidas celebrada en Londres o 12 de febreiro de 1946.[1]

En 1947 foi membro fundadora e relatora da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ante a Comisión de Dereitos Humanos. onde defendeu con firmeza a igualdade de salario para as mulleres. Grazas a ela, o Artigo 23 afirma o seguinte: «Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo». Ademais, xunto con Fryderyk Kalinowski, de Polonia, e Elizavieta Popova, da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, puxo de relevo os dereitos das persoas que viven en territorios non autónomos tal como establece o Artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: «non se fará ningunha distinción baseada no estatuto político, xurídico ou internacional do país ou do territorio ao cal pertenza unha persoa, tanto se é independente coma se está baixo administración fiduciaria, se non é autónomo, ou está baixo calquera outra limitación de soberanía».[2]

En febreiro de 1948 visitou Estados Unidos como ministra do seu país.[3]

Notas[editar | editar a fonte]