Estadio Poljud
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 43°31′10″N 16°25′54″E / 43.51944°N 16.43167°E
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Split, Croacia |
| Inauguración | 1979 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 34.011 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Concello de Split |
| Localía | Hajduk Split (1979– ) |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Estadio Poljud (Croata: Gradski stadion u Poljudu) é un estadio situado na cidade de Split, Croacia. Atopase preto da baía do peirao de Split e ten unha capacidade para 35.000 espectadores. Nel xoga os seus partidos coma local o Hajduk Split e nel celebráronse os Xogos Mediterráneos de 1979 e máis o Campionato Europeo de Atletismo de 1990.