HNK Hajduk Split

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hajduk Split
Nome HNK Hajduk Split
Alcume(s) Bili
Fundación 13 de febreiro de 1911
Estadio Estadio Poljud
Split, Croacia
Inauguración 1979
Capacidade 35.000
Presidente Croacia Hrvoje Maleš
Adestrador Bulgaria Krasimir Balakov
Liga Prva HNL
2010–11
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O HNK Hajduk Split (en croata: Hrvatski Nogometni klub Hajduk Split), é un club de fútbol da cidade de Split, Croacia. Fundouse en 1911 e mantén unha gran rivalidade co NK Dinamo Zagreb, co cal disputa o Derbi Eterno de Croacia.

Historia[editar | editar a fonte]

O Hajduk Split nace da man dun grupo de estudantes de Split que se atopaban en Praga. Fabijan Kaliterna, Lucijan Stella, Ivan Šakić e Vjekoslav Ivanišević, quedaron impresionados tras presenciar o duelo local entre o Slavia e o Sparta de Praga e tras o encuentro, reunidos na popular cervexaría U Fleků, decidiron fundar un equipo de fútbol na súa cidade natal. O NHK Hajduk Split era oficialmente rexistrado o 13 de febreiro de 1911.

Os seus mellores anos chegaron na década dos setenta, gañando tres campionatos de Liga e cinco copas consecutivas. Ademais, en 1973 alcanzou as semifinais da Recopa, o seu maior éxito deportivo internacional. Na Copa de Europa chegou á rolda de cuartos de final en 1976 e 1980.

Tras a declaración de independencia de Croacia en 1991 o Hajduk Split pasa a formar parte da Federación de Fútbol de Croacia (Hrvatski nogometni savez), disputando a nova copa (Hrvatski nogometni kup) e liga (Prva HNL) croatas.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 23 de agosto de 2010.[1]
Posto País Xogador
1 POR Croacia Danijel Subašić
4 MED Croacia Marin Ljubičić
5 DEF Croacia Jurica Buljat
7 DEF Croacia Hrvoje Vejić
8 MED Croacia Krešo Ljubičić
9 DIA Croacia Ahmad Sharbini
10 MED Bosnia e Hercegovina Senijad Ibričić
11 MED Croacia Srđan Andrić
12 POR Croacia Lovre Kalinić
13 DIA Croacia Ante Vukušić
14 MED Croacia Marin Tomasov
16 DEF Croacia Goran Jozinović
17 DEF Croacia Ivan Strinić
Posto País Xogador
18 MED Croacia Mirko Oremuš
19 DEF Croacia Marijan Buljat
20 MED Croacia Ante Režić
21 MED Croacia Mario Brkljača
22 DEF Croacia Mario Maloča
25 POR Croacia Božidar Radošević
26 MED Croacia Franko Andrijašević
27 DEF Croacia Matej Jonjić
30 MED Croacia Dinko Trebotić
88 MED Flag of Albania.svg Ervin Bulku
90 DUA Croacia Duje Čop
99 MED Croacia Anas Sharbini

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Poljud.

O HNK Hajduk Split xoga de local no estadio Poljud, inaugurado en 1979 e con capacidade para 34.000 espectadores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]